Fegadace outorga un premio á Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais

  • Novas

O doutor Pedro Diz Dios recollerá o 7º Premio FEGADACE – Miguel Blanco na Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido, que a Federación organiza o 28 de setembro en Compostela. Como é habitual, realizará a entrega o premiado do ano anterior, que neste caso é Miguel Ángel Verdugo, director do INICO. A inscrición é aberta ata completar aforo e gratuíta, e pode tramitarse neste formulario.

Información máis ampla na web de Fegadace