Foto de Jacobo Limeres Posse

Jacobo Limeres nomeado vicerreitor da USC

  • Novas

A Sociedad Española de Odontoestomatología para pacientes con necesidades especiales recolle, entre as súas novas destacadas, o nomeamento de Jacobo Limeres como primeiro odontólogo en ser nomeado Vicerreitor de Calidade da Universidade de Santiago de Compostela. Asímesmo, Jacobo Limeres é o Coordinador da clínica da nosa Unidade de odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais.

O pasado mes de marzo, Jacobo Limeres convertiuse no primeiro odontólogo en ocupar un cargo de Vicerreitor na historia da Universidade de Santiago.

No acto tamén tomou posesión do cargo como vicerreitora María José López.

Jacobo Limeres agradeceu a acollida no equipo e recordou a dimensión transversal do seu vicerreitorado, a calidade, que supón «un consumo de tempo que moitas veces a xente non entende». Propúxose buscar solucións para entender a súa dimensión xa que é «o mecanismo para garantizar o compromiso social que ten a universidade coa sociedade».

Pode ler o resto da noticia neste enlace (Fuente: El Correo Gallego).

http://www.seoene.es/jacobo-limeres-es-nombrado-vicerrector-de-la-universidad-de-santiago/

Fotografía: Web da USC