Simposio ‘Saúde Oral e Dano Cerebral Adquirido’. Organizado pola Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais xunto con FEGADACE

  • Novas

Os días 23 e 25 de novembro de 2020, entre as 16:30 e las 18:30, desenvolverase en liña o Simposio ‘Saúde Oral e Dano Cerebral Adquirido’.

Este proxecto é froito da colaboración entre a Unidade para Persoas con Necesidades Especiais (UPNE) e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE).

Nota sobre o simposio

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) e a Unidade para Pacientes con Necesidades Especiais (UPNE) da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) iniciaron o ano pasado, trala concesión a esta última do 7º Premio FEGADACE – Miguel Blanco, unha frutífera colaboración que achega este mes de novembro un novo resultado.

Ambas entidades organizan o Simposio ‘Saúde Oral e Dano Cerebral Adquirido’ os días 23 e 25 de novembro. Pese á previsión inicial de organizar un encontro presencial, a situación sanitaria fixo reformulalo e organizalo nun soporte online, que ocupará as tardes, de 16:30 a 18:30, das devanditas xornadas. A inscrición está aberta e formalízase nesta ligazón: Simposio Saúde Oral e Dano Cerebral.

A Unidade para Pacientes con Necesidades Especiais nace co obxectivo de derrubar as barreiras que as persoas con discapacidade afrontan para garantir o seu dereito á saúde oral. Hai múltiples obstáculos relacionados coa caracterización da súa discapacidade que dificultan que as persoas con dano cerebral accedan plenamente a unha correcta hixiene bucodental; desde a falta de control da mobilidade (sexa no aspecto físico, motor; ou por falta de concentración, trastornos condutuais, etc.) ata as secuelas que lles son propias, como os problemas ao mastigar ou na deglución.

Esta circunstancia coincide de maneira complementaria co fin último de FEGADACE, que é garantir a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido. Esta está directamente condicionada por unha correcta hixiene e saúde oral, que lles facilite non só a falta de doenzas na boca senón tamén os feitos de respirar, beber ou comer correctamente -con repercusións a nivel nutricional, de saúde xeral e, en última instancia, de autonomía e autoestima persoal.

https://www.fegadace.org/simposio-sobre-saude-oral-e-dano-cerebral-adquirido-os-dias-23-e-25-de-novembro-gal.html