Saltar ao contido

Presentación

A Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais

A Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da Universidade de Santiago de Compostela púxose en marcha en 1992. Desde aquela ven desenvolvendo unha intensa actividade asistencial con doentes procedentes de toda a Comunidade Autónoma con algunha discapacidade severa, cuxas condicións médicas, condutuais ou, en ocasións, estritamente odontolóxicas, dificultan o seu manexo nunha clínica convencional.

Actitude

A atención ás Persoas con Necesidades Especiais tamén esixe unha sensibilidade especial. A nosa misión non pode ser meramente asistencial.

Inquietude

É imprescindible unha formación continuada que nos permita ampliar a nosa carteira de servizos e aportar innovacións tecnolóxicas que beneficien aos nosos doentes.

Traballo en equipo

Asumir unha responsabilidade compartida, con profesionais con formación específica en diferentes áreas da Odontoloxía ou de outros ámbitos sanitarios.

A atención ás Persoas con Necesidades Especiais esixe unha sensibilidade especial, do mesmo xeito que non todos os estudantes de medicina poden soportar a visión do sangue.

Misión

A nosa misión non pode ser meramente asistencial, xa que no contexto da Universidade estamos na obriga de educar actitudes, proporcionar coñecementos e básicamente estimular aos nosos estudantes. Neste sentido, estamos particularmente orgullosos dos compañeiros que se formaron no Máster propio que se imparte na nosa Unidade, da nosa participación activa na sociedade científica que nos aglutina (SEOENE), e da nosa presenza nos órganos de dirección da Sociedade Internacional para a Discapacidade e a Saúde Oral (iADH).

A clave do éxito da Unidade radica na actitude e en manter viva a inquietude pola formación continuada.

O traballo en equipo é fundamental, xa que non só se trata de asumir unha responsabilidade compartida, senón tamén de procurar co tempo ampliar a nosa carteira de servizos, que ademais terán que ser proporcionados por profesionais con formación específica en diferentes áreas da Odontoloxía, con acceso a innovacións tecnolóxicas das que poderá beneficiarse tamén este colectivo.

Por último, as características especiais destes doentes obríganos a manter unha comunicación áxil con tutores, coidadores e outros compañeiros do ámbito sanitario; a experiencia é imprescindible para solventar algunhas situacións, pero a clave está en ser conscientes das limitacións propias e sobre todo en aprender a referir en lugar de abandonar aos doentes cuxa atención resulte particularmente complexa.

A nosa misión non pode ser meramente asistencial, xa que no contexto da Universidade estamos na obriga de educar actitudes, proporcionar coñecementos e básicamente estimular aos nosos estudantes. Neste sentido, estamos particularmente orgullosos dos compañeiros que se formaron no Máster propio que se imparte na nosa Unidade, da nosa participación activa na sociedade científica que nos aglutina (SEOENE), e da nosa presenza nos órganos de dirección da Sociedade Internacional para a Discapacidade e a Saúde Oral (iADH).

Logotipo da Sociedad Española de Odontoestomatología para pacientes con Necesidades Especiales (SEOENE)
Sociedad Española de Odontoestomatología para pacientes con Necesidades Especiales (SEOENE)
Logotipo da International Association for Disability and Oral Health (iADAH)
International Association for Disability and Oral Health (iADAH)

Composición do equipo

Fotografía de Pedro Diz Dios

Direción
USC – SERGAS

Fotografía de Jacobo Limeres Posse

Coordinación clínica
Odontopediatría

USC

Fotografía de Javier Fernández Feijoo

Tratamento hospitalario
Rehabilitaciones complexas

USC – SERGAS

Fotografía de Eliane García Mato

Odontopediatría
USC

Odontoloxía xeral
Odontopediatría

USC

Foto de Gemma Rey Otero

Odontoloxía xeral
Odontopediatría

Colaboradora externa

Fotografía de Iván Varela Aneiros

Odontopediatría
Colaborador externo

Fotografía de María Fernández Casado

Odontoloxía xeral
Odontopediatría

Colaboradora externa

Fotografía de Candela Serrano

Odontoloxía xeral
Odontopediatría

Colaboradora externa

Fotografía de Lucía García Caballero

Endodoncia
USC

Fotografía de Márcio Diniz Freitas

Cirurxía
USC

Fotografía de Maite Abeleira Pazos

Ortodoncia
USC

Fotografía de Mercedes Outumuro Rial

Ortodoncia
USC

Ortodoncia
Colaborador externo

Fotografía de Eva González Rial

Educación e prevención
USC

Educación e prevención
SERGAS

Colaboradores

Unidade de Cirurxía Ambulatoria / Hospital Cirúrxico de Conxo (CHUS)

Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos / Hospital Clínico Universitario (CHUS)