Dano cerebral adquirido e Saúde oral
O dano cerebral adquirido é a discapacidade resultante dunha lesión no cerebro causada, na maioría dos casos, por un ictus ou un traumatismo craneoencefálico. Afecta a unhas 35.000 persoas en Galicia.
Con el deixa de ter sentido falar de discapacidade física, psíquica ou sensorial xa que son moitas secuelas ao mesmo tiempo, e se presentan en diferentes graos e intensidades segundo a persoa.
Vídeos sobre Saúde oral e Dano cerebral
Estes vídeos foron creados dentro do programa ‘Dano Cerebral. Promove, Entende, Actúa‘. Este proxecto nado da colaboración da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) coa Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da Universidade de Santiago de Compostela, conta co apoio da Consellería de Política Social, a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
Vídeo do Dr. Jacobo Limeres sobre os coidados odontolóxicos en persoas con dano cerebral.
Vídeo explicativo das causas das alteracións orais, así como da súa prevención e do seu tratamento en persoas con dano cerebral.
Vídeo do Dr. Marcio Diniz sobre as alteracións orais en persoas con dano cerebral
Vídeo do Dr. Javier Fernández sobre o tratamento odontolóxico en persoas con dano cerebral
Vídeo do Dr. Juan Blanco sobre a periodontite en persoas con dano cerebral
Consellos de hixiene oral
Simposio “Saúde oral e Dano cerebral adquirido”
Os días 23 e 25 de novembro de 2020 celebrouse o Simposio sobre ‘Saúde Oral e Dano Cerebral Adquirido’, organizado por FEGADACE e a Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais. As sesións, que finalmente se desenvolveron en liña, están dispoñibles nos seguintes enlaces:
Para comezar, a inauguración do Simposio correu a cargo do director da Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais, Pedro Diz, e da directora de FEGADACE, Begoña Hermida. A continuación, iniciouse a mesa e houbo unha pequena sesión de debate. Por último, pechouse a sesión coas intervencións do decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, Julián Álvarez, e do subdirector xeral de Xesión Asistencial do SERGAS, Alfonso Alonso.
Nesta xornada, Jacobo Limeres, coordinador clínico da Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais, presentou o vídeo ‘A Unidade Para Pacientes con Necesidades Especiais’, tamén enmarcado na colaboración da Unidade con FEGADACE. Trala mesa, houbo un espazo de debate moderado por outro membro da Unidade, Javier Fernández. Finalmente, a clausura estaba prevista da man do director xeral de Discapacidade pero houbo problemas técnicos; así pechou o Simposio o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández.