Presentación

A Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais

A Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da Universidade de Santiago de Compostela púxose en marcha en 1992. Desde aquela ven desenvolvendo unha intensa actividade asistencial con doentes procedentes de toda a Comunidade Autónoma con algunha discapacidade severa, cuxas condicións médicas, condutuais ou, en ocasións, estritamente odontolóxicas, dificultan o seu manexo nunha clínica convencional.

Actitude

A atención ás Persoas con Necesidades Especiais tamén esixe unha sensibilidade especial. A nosa misión non pode ser meramente asistencial.

Inquietude

É imprescindible unha formación continuada que nos permita ampliar a nosa carteira de servizos e aportar innovacións tecnolóxicas que beneficien aos nosos doentes.

Traballo en equipo

Asumir unha responsabilidade compartida, con profesionais con formación específica en diferentes áreas da Odontoloxía ou de outros ámbitos sanitarios.

A atención ás Persoas con Necesidades Especiais esixe unha sensibilidade especial, do mesmo xeito que non todos os estudantes de medicina poden soportar a visión do sangue.

A nosa misión non pode ser meramente asistencial, xa que no contexto da Universidade estamos na obriga de educar actitudes, proporcionar coñecementos e básicamente estimular aos nosos estudantes. Neste sentido, estamos particularmente orgullosos dos compañeiros que se formaron no Máster propio que se imparte na nosa Unidade, da nosa participación activa na sociedade científica que nos aglutina (SEOENE), e da nosa presenza nos órganos de dirección da Sociedade Internacional para a Discapacidade e a Saúde Oral (iADH).

Logotipo de la Sociedad Española de Odontoestomatología para pacientes con Necesidades Especiales (SEOENE)
Logotipo de la International Association for Disability and Oral Health (iADAH)

A clave do éxito da Unidade radica na actitude e en manter viva a inquietude pola formación continuada.

O traballo en equipo é fundamental, xa que non só se trata de asumir unha responsabilidade compartida, senón tamén de procurar co tempo ampliar a nosa carteira de servizos, que ademais terán que ser proporcionados por profesionais con formación específica en diferentes áreas da Odontoloxía, con acceso a innovacións tecnolóxicas das que poderá beneficiarse tamén este colectivo.

Por último, as características especiais destes doentes obríganos a manter unha comunicación áxil con tutores, coidadores e outros compañeiros do ámbito sanitario; a experiencia é imprescindible para solventar algunhas situacións, pero a clave está en ser conscientes das limitacións propias e sobre todo en aprender a referir en lugar de abandonar aos doentes cuxa atención resulte particularmente complexa.

Composición do equipo

Fotografía de Pedro Diz Dios

Direción

Pedro Diz Dios

USC – SERGAS

Retrato de Jacobo Limeres Posse

Coordinación clínica
Odontopediatría

Jacobo Limeres Posse

USC

Retrato de Javier Fernández Feijoo

Tratamento hospitalario
Rehabilitaciones complexas

Javier Fernández Feijoo

USC – SERGAS

Retrato de Eliane García Mato

Odontopediatría

Eliane García Mato

USC

Odontoloxía xeral
Odontopediatría

José Ramón García Iglesias

USC

Foto de Gemma Rey Otero

Odontoloxía xeral
Odontopediatría

Gemma Rey Otero

Colaboradora externa

Retrato de Iván Varela Aneiros

Odontopediatría

Iván Varela Aneiros

Colaborador externo

Retrato de María Fernández Casado

Odontoloxía xeral
Odontopediatría

María Fernández Casado

Colaboradora externa

Fotografía de Candela Serrano

Odontoloxía xeral
Odontopediatría

Candela Serrano Martín

Colaboradora externa

Fotografía de Lucía García Caballero

Endodoncia

Lucía García-Caballero

USC

Fotografía de Márcio Diniz Freitas

Cirurxía

Márcio Diniz Freitas

USC

Retrato de Maite Abeleira Pazos

Ortodoncia

Maite Abeleira Pazos

USC

Retrato de Mercedes Outumuro Rial

Ortodoncia

Mercedes Outumuro Rial

USC

Ortodoncia

Javier Gómez Barreiro

Colaborador externo

Retrato de Eva González Rial

Educación e prevención

Eva González Rial

USC

Educación e prevención

Esther Pérez Serrano

SERGAS

Colaboradores

Unidad de Cirurxía Ambulatoria
Hospital Cirúrxico de Conxo (CHUS)

Beatriz Carro Méndez

SERGAS

Felix Otero Pérez

SERGAS

Juan Quevedo Saco

SERGAS

Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos
Hospital Clínico Universitario (CHUS)

Federico Martinón Torres

USC – SERGAS

Antonio Rodríguez Núñez

USC – SERGAS

Susana María Rey García

SERGAS

Susana Rujido Freire

SERGAS

Sara Trabazo Rodríguez

SERGAS

Javier Trastoy Quintela

SERGAS

Pilar Leboráns Iglesias

SERGAS

Carmen Agra Tunas

SERGAS