Saltar ao contido
Logo da revista International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology

Downii. Investigadores do CHUVI e a Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais descobren unha nova bacteria

A investigación realizada polos microbiólogos do CHUVI a través do IIS Galicia Sur, en colaboración coa Universidade de Santiago (USC), na que se descubriu unha nova bacteria que teñen os pacientes con Síndrome de Down, recibiu o recoñecemento da sociedade científica internacional.

Tanto é así, que a bacteria descuberta denominarase “Downii”, nome que propuxeran os nosos investigadores para datala e rexistrala.

A nova bacteria é a que provoca que os pacientes con Síndrome de Down teñan menos infeccións bucais e, en concreto, desenvolvan menos caries. Un descubrimento que abre as portas a futuras investigacións que beneficiarán ao resto da poboación e que permitirá aproveitar as propiedades da bacteria a través de colutorios ou pastas de dentes.

O traballo, liderado por Lucía Martínez e Maximiliano Álvarez, integrantes do grupo de Microbioloxía e Infectoloxía do IIS Galicia Sur, en colaboración con Jacobo Limeres e Pedro Diz, do IDIS e a USC, desenvolveuse grazas á financiación obtida a través da convocatoria IGNICIA da Axencia Galega de Innovación e das axudas da Fundación para la Innovación y la Prospectiva en Salud en España (FIPSE).  Foi publicado recentemente na revista International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology.

Fonte: Noticia aparecida en el Faro de Vigo, referenciada en la web de la Fundación Biomédica Galicia Sur.